Posted tagged ‘Presentación’

Este xoves, sinatura do convenio a prol do Filminho

30/06/2009

O auditorio de Goián acollerá mañá, xoves 2 ás 10:30 horas galegas (9:30 lusas), a rolda de prensa e o acto de sinatura do protocolo de cooperación no ámbito do Filminho – Festa do Cinema Galego e Portugués.

No acto estarán presentes Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño; José Manuel Carpinteira, presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira; Ovidio Rodeiro Tato, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia; Vitor Días, Delegado da Rexión Norte do Instituto Português da Xuventude e os presidentes das dúas asociacións denominadas A Morraceira: Xurxo González Rodríguez e André Manuel Gonçalves Martins.

O Programa do evento está composto por :

– Presentación e breves palabras por parte dos intervenientes

– Respostas a preguntas da imprensa

– Sinatura

– Distribución de material do Filminho

Como sabedes, Tomiño e Cerveira son os dous concellos fronteirizos que, entre o 16 e o 19 de xullo, servirán de marco para a segunda edición do Festival Filminho.

Anúncios