Posted tagged ‘Medios de comunicación’

O FILMINHO QUECE MOTORES CO PRE-FILMINHO!

14/07/2009

Goián-Vila Nova de Cerveira. 14 de xullo de 2009.

Mañá, día 15, comezan as proxeccións da segunda edición do Filminho-Festa do Cinema Galego e Portugués có denominado Pre-Filminho, unha xornada de quecemento que terá a súa primeira actividade coa presentación do Festival aos interesados e medios de comunicación, no auditorio de Goián ás 12:00 horas.

Xa no serán, e para os espectadores en xeral, amosaranse os filmes das escolas lusas Gallaecia e Eprami e o primeiro chanzo da retrospectiva sobre Edgar Pera. Tamén cabe salientar Entraste no Jogo Tens de Jogar, capítulo dedicado á provincia do Miño da serie documental Microcosmos, obra de Pedro Sena Nunes.

A de mañá será a primeira cita para os amantes do cine que se achegarán durante esta semana ás ribeiras do río, a Goián e Vila Nova de Cerveira; onde poderán gozar duns filmes que, na súa maioría, son imposibles de atopar noutras pantallas.

Nestes días proxectaranse un total de 49 filmes, dos que 35 sairán a competición.

PROGRAMA DO DÍA 15 DE XULLO

Auditorio de Goián

19:00 (hora galega)

Filmes da Escola GALLAECIA (Diversos, 30’)

Filmes da Escola EPRAMI (Diversos, 30’)

Liliana, Rui Esperança, Bárbara Ribeiro, Ana Pereira (DOCUMENTAL, 16’)

Sasha, Rita Resende, André Pereira (DOC, 13’)

Raia Descontinua, Alunos da OMIX de Tomiño (FICCIÓN, 8’)

Corno de Bico, Martin Dale (DOC, 20’)

23:00 (hora galega)

MICROcosmos – MINHO
Entraste no Jogo Tens de Jogar,
Pedro Sena Nunes (DOC, 40’)

RETROSPECTIVA EDGAR PÊRA – I

25 de Abril, Aventura para a Demokracya (DOC, 16’)

És a Nossa Fé (DOC, 41’)