Posted tagged ‘Filminho’

Filminho no Espazo Xuvenil

22/06/2009

Hoje em Santiago de Compostela apresentou-se o novo programa do Espazo Xuvenil, com fundos na ordem de um milhão de euros e com o objectivo de “fomentar a creación de empresas e o espírito emprendedor na mocidade galega e portuguesa“. Segundo a notícia da Xunta:

“A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presidiu esta mañá en Santiago de Compostela a sinatura do protocolo de colaboración transfronteiriza Espazo Xuvenil, que conta cun financiamento de 979.962 euros. Este programa senta as bases de cooperación en materia de xuventude entre Galicia e o Norte de Portugal que se vai levar a cabo ata o ano 2010 e do que se poderán beneficiar máis de 30.000 mozos de ambos lados da fronteira.”

O Filminho é parte deste projecto desde o início, e é o projecto referido na notícia juntamente com o acampamento Portugaliza:

“As actividades arrancarán xa o próximo mes de xullo cando se celebrará Filminho, unha festa transfronteiriza ligada á creatividade do sector audiovisual. Seguiralle, xa na segunda quincena de agosto o campamento Portugaliza.”

Então, arranquemos com a festa!

Anúncios

Voluntariado para o Filminho

10/06/2009

Está em Curso a campanha de voluntariado para o Filminho. Uma boa forma de participar, adquirir novas experiências, divertir-se e sabe-se lá mais o quê!

As inscrições fazem-se na numa secção da Web nova do Filminho prestes a ser lançadas

logótipo do filminho

logótipo do filminho

“As persoas voluntarias asinarán un documento de colaboración conforme as lexislacións de voluntariado vixentes en Galicia e Portugal. Haberá unha distribución das distintas actividades durante o Filminho, de xeito que haxa unha rotación de actividade cada 2 horas. Tódalas actividades realizaránse con apoio do persoal da equipa do Filminho, habendo como mínimo 2 persoas voluntarias contemporáneamente nunha mesma actividade. Comunicaremos a túa selección como voluntari@ no Filminho antes do 14 de xuño. A incorporación ao será o 12 de Xullo (un día antes de comezar o Filminho), para poder ter unha pequena formación das actividades a realizar. Durante o Filminho o voluntariado terá aloxamento e manutención pagas.

GRACIAS POLA TÚA COLABORACIÓN”


12/05/2009

Hoxe, mellor dito xa onte,  o André Martíns, Xurxo González e Luís Cividanes fixemos a presentación do Filminho na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Mil grazas a todos os que vos achegastes pola vosa atención, e aos profesores que nos atenderon e…. e emprazámonos que hoxe mércores 13, ás 13:30, a cita é na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. O xoves tocará a Universidade da Coruña.

presentación en pontevedra

Vémonos!

Na procura do cinema imperfecto!

11/05/2009

Imagen046

 

O Filminho ten que ser un encontro do cinema de faltas e de eivas porque este tipo de cinema está constituido en base a apostas arriscadas, abertas e creativas que se desmarcan do panorama actual. As correntes dominantes do audiovisual móvense por convencionalismos e momentos anodinos. Mas, para iso, está a imperfección, para sorprender! A programación do Filminho ten que intentar materializar o berro que botou no seu día o cubano Julio Castro Espinosa e brindar “Por un cine imperfecto!”

Ultimamente estou intentando reformular a miña posición fronte o audiovisual polo que estou facendo certa eséxese de lecturas feitas hai tempo, nunha destas, (re)descubrín o libro de Julio García Espinosa, “Por un cine imperfecto” publicado en Madrid por Castellone editor. O ano de publicación do libro remóntase a 1976, mas os textos que conforman a publicación son do ano 1969 (“Por un cinema imperfecto”) e outro (“En busca de cine perdido”) do 1972. Apesares de ser uns textos demasiada carga política sententaeoitochistas atopámonos que o seu contido ten unha extraordinaria vixencia xa que o espírito revolucionario anti-colonialista norteamericano agora converteuse na teima contra a homoxeneización practicada polos criterios marcados polo negocio das industrias culturais.

Agora mesmo o cinema vive unha evolución frenética mas esta inercia anovadora é moi complicado que se adhira á parte máis industrial na que se busca ter uns estándares. Non obstante, os camiños de experimentación e búsqueda quedan reducidos aos marxes e fican condenados ao obstracismo. Normalmente estes proxectos son postos en marcha por creadores que creen na plusvalía artística da súa idea e non lle importa desenvolvelo nun sistema fixado que so ampara ao estereotipo e a medicocridade. O mercado non favorece esta desidencia e intenta pasar certo rodillo que asulague propostas diverxentes.

Julio Castro Espinosa dicía: “Hoy en día un cine perfecto –técnica y artísticamente logrado- es casi siempre un cine reaccionario”. O Filminho ten que intentar dar voz a todos aqueles que creen que a perfección formal non o é todo. Que apesares de facer os seus filmes con limitada calidade técnica a confianza no que estás decindo e como o dí son de sobra determinantes para que o público participe destes novos puntos de vista, retalo a culminar a obra, que o espectador cubra as fochancas e se enrriquezca coa desautomatización do sistema.

No tocante a miña liña de programación isto é o que ten que imperar no Filminho. Sempre que se poda escoller intentaranse apartar filmes pulidos e falsos e prefirirase filmes ásperos mas vivos.

O Filminho aposta por un cinema imperfecto! Viva a imperfección! Viva os camiños de futuro!

Xurxo González

(Programador do Filminho)

Filminho en Compostela

06/05/2009

O Filminho segue a facer amigos!

O Festival ofrecerá  un encontro informativo en Santiago de Compostela o vindeiro mércores día 13. A cita será na Aula 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC a iso das 13:30 e, ademais dos relatorios e coloquio, tamén terá tempo para que os interesados poidan ver algún dos filmes participantes na edición do 2009.

Queren pasar un bo rato co André Martíns ou co Xurxo González? Non deixen de acudir…

Luís Cividanes (equipo de comunicación)

Presentacións do Filminho

04/05/2009

A vindeira semana, un equipo do Filminho fará presentacións do Festival en diversas facultades de comunicación galegas.

A entrada, por suposto, é de balde e non está limitada a alumnos ou profesores. Os asistentes poderán coñecer de que vai esta feira, facer preguntas e ver algunha das pezas premiadas na primeira edición.

Xa está confirmada a presenza na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra (Universidade de Vigo) o martes 12 ás 12:00 da mañá; e o xoves 14, á mesma hora, a cita será na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña.

De seguro, en breve haberá máis citas!

Luís Cividanes (comunicación)

O Filminho na Fundación Huarte Buldaín de Navarra

04/05/2009

gaiak-1

Os filmes de maior suceso no Filminho seguen percorrendo distancias. O 30 de maio, en sesión matutina, vai ter unha proxección na Fundación Huarte Buldaín co pase dos filmes: “París #1”, de Oliver Laxe, “O cazador”, de Ángel Santos e “Os señores do vento”, de Xurxo González. Estes tres títulos combinaron nunha sesión baixo o denominador común que é o seu especial achegamento á natureza.

O grado de interacción do home coa natureza é o leit-motiv das diferentes actividades que van te lugar na sede da fundación que ten o artista plástico navarro Buldaín na localidade navarra de Huarte. Uns encontros comisariados por Iñaki Orzo e Blanca Oría e que contou coa especial colaboración do crítico galego Martin Pawley. A parte de exposicións e conferencias tamén haberá proxeccións. E, así, aparte da sesión dedicada aos filmes galegos un día antes procederase á proxección do filme de Warner Herzog “Encuentros en el final del mundo” (2007).

O audiovisual galego e o Filminho vese representado en distintas actividades de promoción e divulgación non só na Península Ibérica senón tamén alén das Pirineos. Unhas itineracias, mostras e ciclos necesarias que amplifican os obxectivos propios do Filminho fora das súas datas. Unha serie de actividades ao longo de ano que sirven para potenciar tanto o festival como o audiovisual que defende, uns filmes que de non ter estes trampolíns ficarían invisíbeis.

Xurxo González (programação do Filminho)