Posted tagged ‘Crónicas’

Cinematografías espello!

27/05/2009

Imagen084

Andamos por tempos con fortes aires posmodernos mais que nada en cuestións de referencialidade e de fixar ben os modelos dos que tomar exemplo para unha posíbel actuación. Hoxeendía o audiovisual tórnese nun elemento altamente volátil en arelas do frenesí tecnolóxico e da globalización. E, mentres, o audiovisual galego segue ao pairo intentando buscar lonxe o que ten preto.

“Arena” é a curtametraxe que recibiu a Palma de Ouro no Festival de Cannes (Francia) na edición do presente ano. A curtametraxe, dirixida por João Salaviza, conta unha historia dun mozo que está en detención domiciliaria. Filme sen demasiados “foguetes”, mas claustrofóbico e enérxico contado cunha posta en escena moi intelixente. Estamos, pois, ante unha nova mostra de creatividade da cinematografía lusa sen necesidade de recorrer aos nomes de cineastas maiores máis consagrados.

Mentres, en Galicia, seguen triunfando as producións que desenvolven unha gramática convencional que repiten modelos industriais instaurados pola cinematografía americana. Este colonialismo ianqui perpetrouse en España a inicios da década dos 90 nun intento de abandonar esquemas pasados en prol de modismos estéticos frívolos insustanciábeis. Este “lavado de cara” fixo que se esqueceran ou que se marxinalizaran propostas modernas máis arriscadas. Mas esta aposta saliulle moi caro ao cinema español que sobrevive na billeteira grazas a proxectos comerciais transnacionais, mentres, os aportes artísticos con identidade esvaécense na sombra da industria e que, moi de cando en vez, cobran o protagonismo que se merece.

Nada vou dicir da imposibilidade da industria audiovisual española por intentar nutrirse de talento, que llo digan senón a Víctor Erice. Mas é necesario dar saída e eco a toda a proposta desautomatizadora co ronsel marcado pola industria. Isto é algo urxente e dos que todos axentes do sector tiñan que estar apoiando.

Fai pouco saían en varios artigos os problemas que ten o cinema portugués para atopar público. A cuota de pantalla sitúase nun 4% mentres que o español anda polos 18%. As diferencias son evidentes, más o audiovisual galego non pode competir industrialmente ten que procurar novas fórmulas. Economicamente búscase, con éxito desigual, a coprodución, mas artisticamente o audiovisual galego segue sendo moi pobre.

Non cabe outra que atopar miradas singulares que agromen nos discursos, mas non cometendo o erro de perda de identidade do cinema español, senón retomando modelos máis factíbeis á escala da institución cinematográfica.

E que pode atopar a cinematografía lusa en Galicia? Pois un excelente “Cabalo de Troia” para co-producións e achegarse a novos mercados, se o precisasen, claro está! Porque se algo ten de bó a cinematografía portuguesa é que non é condescendiente co seu público. Mas porqué o público do audiovisual galego inflúe tanto se os seus filmes non chegan aos ecráns!

(…)

Fai uns días preguntáronme a diferencia o ensino audiovisual galego e o portugués. Eu contestei que os portugueses son máis ensoñadores, máis creativos e con ínfulas de artistas e que os galegos teñen os pes no chan e móvense con pragmatismo en prol das inercias profesionais. Mas achei como conclusión que a mistura e a contaminación destas perspectivas sería o mellor que podería pasar. Mas para darse de conta de todo isto primeiro hai que coñecerse.

Xurxo González (Programador do Filminho)

BÉNARD da COSTA

22/05/2009

joao%20benard%20da%20costa

Morreu João Bénard da Costa.

 O estatuto que grangeou na comunidade cinematográfica portuguesa, pela sua dedicação ao Cinema e às Artes, a sua disponibilidade para a discussão em torno dos filmes, a sua extraordinária actividade e lucidez (mesmo em devaneio), entre tantos elogios que certamente lhe serão feitos nestas horas de consternação, não estão ao alcance de qualquer um. Era um homem de excepcção e fará para sempre parte de uma pequena elite do Cinema Português. O prestígio que alcançou para a Cinemateca Portuguesa – Museu do Cinema, tornando-a das mais elogiadas em todo o mundo, é um feito notável.   

Encontrei-me uma única vez com o João Bénard da Costa. Foi em Guimarães, durante uma mostra de “clássicos”, nos minutos que antecederam a sessão de Ladrões de Bicicletas. Quando começamos a conversar, quis saber quem eu era e de onde vinha. Quando lhe disse que nasci em Amarante, logo me assediou com Pascoaes, Amadeo e Agustina, o que eu achei natural. Mas depois começou a falar de outros nomes que eu só muito vagamente conhecia. Fiquei, de facto, convencido estar perante um homem de uma cultura imensa. Sei-o, porque ia acompanhando, ainda que intermitentemente, o seu percurso pelos jornais, as suas crónicas e pontos de vista. Confesso que algumas das suas reflexões me foram úteis na programação (a que recordo mais vivamente foi sobre o Lancelote do Lago, de Bresson, o que me proporcionaria uma sessão memorável no Cineclube de Amarante).

Mas o facto de o ter encontrado em Guimarães, igualmente, me surpreendeu. Se bem me lembro – penitencio-me se estiver equivocado – foi uma das raríssimas oportunidades de ver a Cinemateca Portuguesa a ceder cópias para exibição fora de Lisboa (outra foi a Porto 2001 – Capital da Cultura). Não faço ideia das montanhas que terá sido necessário mover para convencer o Director da Cinemateca a fazê-lo. E aqui está onde eu queria chegar, agora – o pontificado de Bénard da Costa à frente da Cinemateca tem esta enorme mancha: a Cinemateca Portuguesa não ser, bem vistas as coisas, mais do que a Cinemateca “de Lisboa”.

Aos amantes de Cinema que nunca tiveram a “sorte” de viver na capital, o acesso ao acervo da Cinemateca não passou (não passa) de uma miragem e foi-lhes, reiteradamente, negado o seu visionamento. Não admira, pois, que surjam protestos e vontades unidas para a criação de uma Cinemateca do Porto, ou um pólo da actual Cinemateca da cidade do Norte. Mas, se tal vier a acontecer, não é, per si, garantia de que os “erros” apontados a Lisboa, não sejam cometidos no Porto.

João Bénard da Costa levou – até às últimas consequências – um conceito “museológico” hermético e restritivo das funções de preservação do património fílmico nacional e universal. Um conceito que não vemos aplicados com tão extremado rigor a um Da Vinci ou a uma múmia egípcia. Era uma linha que já existia na Cinemateca, antes de Bénard da Costa? É possível. Os futuros directores seguirão essa tendência? É bem possível.

Essa crítica (aliás a única) que sempre fiz a Bénard da Costa, de privar os cinéfilos do país de usufruirem da “sua” Cinemateca, contrariando, ao que julgo saber, a sua orientação estatutária de itinerância de cópias ou mesmo de deslocação dos meios técnicos e humanos da Cinemateca a todo o território nacional, é uma falha grave, que urge corrigir.

O que prova que João Bénard da Costa, para ter sido um grande homem e um vulto da Cultura Portuguesa, merecedor do maior respeito, não quer dizer que tenha feito, necessariamente, tudo bem.

Paulo Martins (programador do Filminho)

Descubrimento de Oliveira in extremis!

19/05/2009

Imagen075

Prosigue o descubrimento in extremis de Manoel de Oliveira. A celebración da súa dilatación biolóxica alén da centuria fai que se incrementen todo tipo de homenaxes e ciclos que fomentan a atención e, no mellor dos casos, a reflexión en torno á figura do cineasta portugués.

Estes fastos de celebración crean un rebumbio mediático que lle outorga á figura de Manoel de Oliveira dun certo matiz popular. Unha circunstancia que vai totalmente encontra do que aconteceu ao longo da súa ampla carreira artística de máis de oitenta anos onde crítica e imaxinario colectivo portugués o levou por un camiño difícil e aa contrapelo de modas domesticadas.

Mas este achegamento postreiro produce certo grado de disolución da obra e a figura de Oliveira se intenta prefixar coas ferramentas e metodoloxías clásicas da historiografía. Non obstante estas valoracións fanse desde un punto de vista final, desde criterios de actualidade. Polo tanto esta perspectiva hegeliana fai que sexa errónea e totalmente lesiva sobre a figura de Oliveira porque case sempre, a pesar de ser ben intencionadas, son fragmentarias e excesivamente sintéticas.

Polo tanto o centenario de Manoel de Oliveira está marcado por certo matiz de culpa, tanto de Portugal como do resto do mundo, de non fixar a atención sobre unha figura que pode ser a personificación exacta da maioría dos avatares da institución cinematográfica desde o cinema silente.

Agora se está producindo un proceso de “disneyficación” da figura de Oliveira onde se están dando unha imaxe de Oliveira moi superficial centrándose na figura dun anciano veneráble que se mete a facer filmes case como se fora unha extravagancia. Oliveira está moi lonxe desa idea. El é un dos creadores audiovisuais máis vangardistas e radicais da Historia do Cinema, cun amor polo cinema irreduptíbel e cunha concepción cinematográfica non-reconciliada cos axiomas do industrial e do mercantil.

Estamos, pois, diante dun artista que liderou en silencio todos os cambios e xiros máis importantes que sacudiu a evolución da súa disciplina: o cinema.

oliveiracaricatura

Xurxo González (Programador Filminho)