AQUELE QUERIDO MES DE AGOSTO: UN PESO PESADO PARA A XORNADA DO VENRES DO FILMINHO

O Filminho-Festa do cinema galego e portugués segue adiante deixando boas sensacións entre o público que se achega a Goián (Tomiño) e Vila Nova de Cerveira a descubriren filmes que resultan moi difíciles de atopar noutras pantallas. E coa entrada de balde.

O xoves 16 tivo lugar a Gala de Apertura, na que contaron cun protagonismo especial a música do Orfeao de Vila Praia de Áncora e a emoción coas Mulheres da Raia, do documental de Diana Gonçalves. Porén, quizáis o prato forte da sesión foi o descubrimento de Entremez Famoso Sobre a Pesca no Rio Minho, documental rodado por Luis Galvão Teles na altura do 1974 baseado nunha peza de teatro de 1671 escrita por Gabriel Feixó de Araúxo. Unha auténtica alfaia.

Aquele querido mes de Agosto, un filme que hai que ver

A xornada do venres comezará con Tanyaradzwa, o último filme de  de Alberte Pagán. Toda unha viaxe experimental a Cimbabue na que da man dunha muller, a Tanyaradzwa do título, o espectador achégase a unha aldea e a capital dese país, convertida nun fervedoiro; pero algo pasa, ata acabar o observador por seren o observado. O filme destaca tamén polas súas especiais características técnicas. Cunha duración de 195 minutos, a súa exhibición constará de dúas proxeccións simultáneas, en pantallas pegadas, e de dúas bandas sonoras que tamén se emitirán ao tempo. Será na mañá do venres, a partires das 11:00 horas galegas no auditorio de Goián.

Pola tarde haberá tempo para as novas olladas de realizadores con moitas cousas que dicir. E, ás 23:00 horas e en Vila Nova de Cerveira, toca gozar da divertida animación The Werepig, Sam.

Como peche da noite chegará Aquele Querido Mes de Agosto, de Miguel Gomes: amor, bandas de música, orquestras e festa nun filme que estivo en Cannes e non para de recibir premios (BAFICI, As Palmas).

PROGRAMA DO VENRES, 17 

Auditorio de Goián

11:00
Tanyaradzwa (Proxección en dobre pantalla), Alberte Pagán e Tanyaradzwa (DOC, 186’)

17:00
Outside, Sérgio Cruz (DOC, 15’)
Guisado de Galinha, Joana Toste (ANIMACIÓN, 5’)
Territorios, Mónica Baptista (DOC, 18’)
Raccord do Carallo, Enrique Vázquez, Sergio Rodríguez (FIC, 5’)
Annual Report, Cristina Braga (ANI, 4’)
Ruínas, Manuel Mozos (DOC, 60’)

19:00
Alpha, Miguel Fonseca (FIC, 27’)
Arca d’Água, André Gil Mata (FIC, 23’)
Campás, Jairo Iglesias (FIC, 15’)
Verderojo, David Hernández (FIC, 16’)
Corrente, Rodrigo Areas (FIC, 15’)

Auditorio de Cerveira


23:00
The Werepig, Sam (ANI, 10’)
Aquele Querido Mês de Agosto, Miguel Gomes (FIC, 150’)

Aquele Querido Mes de Agosto, un filme que hai que ver

Aquele Querido Mes de Agosto, un filme que hai que ver

Anúncios
Explore posts in the same categories: Uncategorized

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s


%d bloggers like this: