Asinouse o convenio a prol do Filminho!

O auditorio de Goián acolleu na mañá de hoxe o acto de sinatura do protocolo de cooperación no ámbito do Filminho.

O Concello de Tomiño, representado pola súa alcaldesa Sandra González Álvarez; a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, co seu vicepresidente Joao Fernando Nogueira; o Director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato; e Vitor Días, Delegado da Rexión Norte do Instituto Português da Xuventude acompañaron no evento ás dúas asociacións culturais denominadas A Morraceira, encabezadas polos seus presidentes Xurxo González Rodríguez e André Manuel Gonçalves Martins.

Tomiño e Cerveira comprométense a prestar apoio financeiro e loxístico ao Filminho, co fin de beneficiar e garantir o crecemento do Festival, nas súas vertentes de difusión cultural e de creación.

Pola súa parte, as dúas asociacións denominadas A Morraceira comprométense a co-organizar o Filminho, servíndolle de soporte legal, e a ceder todos os seus recursos, operando como unha plataforma única de cooperación transfronteiriza que funciona para o exterior cunha soa entidade, malia que, internamente, son dúas realidades legais distintas.

Existen legalmente dúas asociacións rexistradas como A Morraceira, unha en Portugal e outra en Galicia. Esta división é meramente administrativa e os seus membros traballan coordinados e comparten obxectivos.

O prazo de validez do acordo é de 3 anos, o convenio renovarase sucesivamente se ningunha das partes se pronuncia en contra.

Tralo éxito da do 2008, o Filminho-Festa do cinema galego e portugués vivirá a súa segunda edición como tal entre os días 16 e19 deste mes de xullo do 2009, aínda que debe salientarse que o Festival é froito de diversas experiencias previas como foron as Curtas Miñotas.

DECLARACIÓNS:

André Martíns, presidente de A Morraceira: “É um passo em frente nas cooperações transfronteiriços e é impulsionado por uma associação, o que é um sinal dos tempos. Espero que seja o primeiro de vários protocolos ao redor do Filminho e que ajude as entidades privadas a perceberem o potencial e o impacto social deste evento.”

Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño: “A imaxe que mellor expresa o espíritu do Filminho e ver a ducias de mozos e mozas traballando nun proxecto cultural común”.

Sinatura do convenio2

Anúncios
Explore posts in the same categories: Convocatoria, Filminho, Presentacións, Uncategorized

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s


%d bloggers like this: