Tanyaradzwa, a última película de Alberte Pagán, no Filminho

Dentro da nosa aposta polas novas olladas e linguaxes experimentais contaremos co último filme de Alberte Pagán, “Tanyaradzwa”, en sesión especial fóra de concurso.

A proxección promete ser toda unha viaxe audiovisual, tanto polo seu contido como polas súas especiais características técnicas. Alberte Pagán rodou en Cimbabue a vida, as opinións e as circunstancias dunha muller, Tanyaradzwa, nome que lle dá título ao filme.

A primeira metade do filme amosa a vida nunha aldea rural namentres que, para a segunda, o autor trasladouse á capital do país, Harare, que no momento da rodaxe estaba inmersa nunha convulsa situación política, do que a filmación se resentiu polas fortes presións policiais.

Os valentes que se acheguen ao Filminho rematarán enfrontados cos seus conceptos do que significan verbas como “África”, “muller” ou “exótico”, como se ao final o espectador rematase por ser o observado.

Tanyaradzwa tamén destaca polas súas especiais características técnicas. Cunha duración de 195 minutos, a súa exhibición constará de dúas proxeccións simultáneas, en pantallas pegadas, e de dúas bandas sonoras que tamén se emitirán ao mesmo tempo.

Alberte Pagán, nado no Carballiño, é un cineasta que se responsabiliza de tódalas facetas das súas creacións. Situado á marxe da industria do cinema, comezou a colleitar sona co seu filme Bs. As., onde seitura nas relacións entre Bos Aires e Galicia.

Por certo, en breve, o programa completo!

Anúncios
Explore posts in the same categories: Uncategorized

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s


%d bloggers like this: