No corazón de África! (I)

tanyaradzwa_2

Unha das viaxes do Filminho 2009 nos levará directamente ao centro do continente negro, a unha experiencia reveladora ao corazón mesmo de África. Asistiremos a unha viaxe de exploración e de descubrimento. Un percorrido parsimonioso e lento para ter conciencia dos pasos por un dos teritorios que foi berce da humanidade. O espectador que acuda ao Filminho poderá ser conscientes dos segredos de África mediante o visionado, en estrea mundial, de ´Tanyaradzwa´, de Alberte Pagán.

O Filminho sucede enrriba dun río. É como unha grande barcaza chamada a pousarse sobre as turbulentas augas inesgotábeis do Miño. Unhas augas que as veces están en remanso e que noutras, dependendo da dirección do vento, sacúdense rebeldes. O Filminho é u navío pendiente de surcar mil travesías, de chagar a centos de cidades e realizar moreas de singladuras para saborear froitos exóticos e protagonizar soños imposíbeis.

Ultimamente sairon nas librarías galegas as novelas “Ríofero”, de Xelís de Toro, e “Sete casas en Francia” de Bernardo Atxaga, chamadas a ser unha reescritura novelas decimonónicas de viaxes e descubrimentos coloniais. Sobre todo a referencia máxima desta creación referencial é “O corazón das tebras´, de Joseph Conrad que narra as aventuras de Willard na procura de Kurtz e na espreita do horror. Esta volta a estes rexistros e para provocar unha mirada cara o pouco que mudou os aspectos depredadores do home.

Esta perspectiva tórnase necesaria… E máis cando o mundo occidental encamíñase cara un caos frívolo deribado do consumismo e de atinxir o tan celebrado estado de benestar. O Filminho vai a participar desa procura no continente africano. Un descubridos de mundos despoxados, na tradición dos traballos de Jean Rouch ou dentro do espírito de Ousmane Sembéne, asistiremos a un retrato de Africa personificado en Tanyaradzwa, unha muller de Zimbadwe, unha ligazon entre o presente e o atávico. Unha fricción de tempos altamente dramático. A proposta do Filminho é que o público asista a proxección de “Tanyaradzwa”, de Alberte Pagán, o mellor filme europeo de introspección fiminina despois da Wanda de Pedro Costa.

Un acontecemento!

Xurxo González (programador do Filminho)

Anúncios
Explore posts in the same categories: Crónicas, Filminho

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

w

Connecting to %s


%d bloggers like this: